O Ritmo na dramaturxia : teoría e práctica
Becerra Arrojo, Afonso
Batlle Jordà, Carles, 1963-, dir.
Universitat Autònoma de Barcelona. Departament de Filologia Catalana

Imprint: [Barcelona] : Universitat Autònoma de Barcelona, 2016
Description: 1 recurs electrònic (473 p.)
Abstract: Concluimos que o ritmo é o grao de tensión ou capacidade de suscitar atracción, interese e focalización na recepción, nunha dimensión máis ou menos cognitivoemocional, polos diferentes tipos de accións partiturizadas ou codificadas nunha dramaturxia destinada a un espectáculo teatral (xa sexa nun escenario teatral, xa sexa no escenario da nosa mente). Por tanto, concibimos as accións que se dispoñen nunha dramaturxia como os estímulos que, segundo a súa natureza, materialidade e nivel de incidencia ou aparición-presenza, xeran un determinado grao de tensión atractiva na recepción. Concluimos, asemade, que esa diversidade tipolóxica de accións estimuladoras establecen diferentes modalidades de relación e contacto que, nesta tese, estudamos como mecanismos rítmicos. A través da práctica da análise rítmica de obras de dramaturxia, fomos capaces de deducir que esas modalidades relacionais comprenden unha mecánica específica á hora de producir tensión. Un mecanismo, segundo algunhas definicións, é unha maneira de producirse unha actividade, unha función ou un fenómeno. O grao de tensión rítmica que desprende ou activa unha forma de contactar ou conectar, entre os diversos tipos de accións, constitúe o que denominamos mecanismo rítmico. Trátase dunha engrenaxe dinámica de diversos tipos de accións que desprende ou produce un determinado grao de tensión rítmica constatable e perceptible. Estas engrenaxes dinámicas, que chamamos mecanismos rítmicos, exercen, ademais, unha alteración ou modificación do grao de tensión rítmica propio de cada unha das accións que se cinguen e entran en contacto. Unha vez conquerida esta conclusión imponse o estudo e determinación de cales son os principais mecanismos rítmicos, os que máis aparecen nas dramaturxias das diferentes épocas, lugares, xéneros e estilos. Os que máis aparecen ao longo do repertorio da dramaturxia universal e tamén os que maior poder de xeración rítmica posúen. Nisto é no que máis se extende a reflexión teórica e os exemplos e exercicios prácticos de análise rítmica que se conteñen nesta tese doutoral así como no seu apéndice.
Abstract: We conclude that the rhythm is the tension degree or the capacity to rise attraction, interest and focalisation in the reception, in a dimension which is more or less cognitive and emotional, by the different types of encoded or scored actions in a dramaturgy for a theatrical show (either onstage, or on the stage of our minds). Therefore, we conceive the actions which are arranged in a dramaturgy as stimuli that, according to their nature, materiality and level of incidence or appearance-presence, generate a determined degree of attractive tension in the reception. We conclude, also, that this typological variety of stimulating actions set different modalities of relation and contact that, in this thesis, we study as rhythmic mechanisms. Through the practice of the different plays rhythmic analysis, we were able to deduce that these relational modalities involve a specific mechanics to produce tension. A mechanism, after some definitions, is a way to produce an activity, a function or a phenomenon. A particular way to contact or connect which activates a certain degree of rhythmic tension. This is what we call rhythmic mecanism. It concerns a dynamic gear assembly of diverse types of actions that produces a determined degree of rhythmic tension. This dynamic gear assemblies, named rhythmic mechanisms, exert an alteration or modification on the degree of tension of each action which is in contact with. Once this conclusion is achieved, we study what the main rhythmic mechanisms are. Those rhythmic mechanisms that have a higher appearance in the repertoire of the universal drama, and also those mecanisms which have greater force of rhythmic generation. This work mainly deals with these aspects, through theoretical reflection, practical examples and rhythmic analysis exercises.
Note: Tesi doctoral - Universitat Autònoma de Barcelona. Departament de Filologia Catalana, 2016
Rights: L'accés als continguts d'aquesta tesi queda condicionat a l'acceptació de les condicions d'ús establertes per la següent llicència Creative Commons Creative Commons
Language: Gallec
Document: Tesi doctoral ; Versió publicada
Subject: Teatre gallec ; Història i crítica
ISBN: 9788449061974

Adreça alternativa: https://hdl.handle.net/10803/378017


473 p, 1.5 MB

The record appears in these collections:
Research literature > Doctoral theses

 Record created 2016-10-17, last modified 2023-10-04



   Favorit i Compartir