1 00:00:07,294 --> 00:00:10,471 EASIT, Easy Access for Social Inclusion Training. 2 00:00:12,575 --> 00:00:14,567 Unidade 4, A profesión 3 00:00:15,580 --> 00:00:18,055 elemento 1, Competencias 4 00:00:18,667 --> 00:00:22,503 Entrevistas a estudantado de tradución e recén graduado 1. 5 00:00:24,206 --> 00:00:28,064 Este vídeo contén unha entrevista a Javier Hervés Estévez. 6 00:00:28,879 --> 00:00:31,839 Javier é doutor en Economía matemática 7 00:00:32,139 --> 00:00:35,065 e graduado en Tradución e Interpretación 8 00:00:35,265 --> 00:00:37,015 pola Universidade de Vigo 9 00:00:37,515 --> 00:00:41,074 e está estudando un Máster en Tradución Multimedia 10 00:00:41,274 --> 00:00:42,396 nesta universidade. 11 00:00:44,247 --> 00:00:47,883 Nesta entrevista, fala do subtitulado de hoxe en día 12 00:00:48,283 --> 00:00:51,638 ata que punto é accesible para todo o mundo 13 00:00:51,838 --> 00:00:53,820 e como se podería mellorar. 14 00:00:55,176 --> 00:00:56,187 Bo día. 15 00:00:56,387 --> 00:00:58,071 Son Laura Sánchez Castro 16 00:00:58,271 --> 00:01:00,337 e estamos aquí con Javier Hervés 17 00:01:00,537 --> 00:01:02,461 tamén da Universidade de Vigo 18 00:01:02,661 --> 00:01:04,844 para falar sobre o subtitulado. 19 00:01:05,144 --> 00:01:06,268 Benvido, Javi. 20 00:01:06,822 --> 00:01:07,939 Ola, Laura. 21 00:01:09,368 --> 00:01:12,400 Como estudante do Máster en Tradución Multimedia 22 00:01:12,600 --> 00:01:13,836 da nosa universidade 23 00:01:14,036 --> 00:01:17,720 supoño que estás familiriarizado co tema de hoxe, non? 24 00:01:19,328 --> 00:01:22,704 Si, aínda que no máster non cursamos aínda 25 00:01:22,904 --> 00:01:25,104 a materia de subtitulado como tal 26 00:01:25,304 --> 00:01:30,374 no grao tivemos a ocasión de cursar unha materia de tradución audiovisual 27 00:01:30,674 --> 00:01:34,745 na cal tivemos un bloque importante dedicado ao subtitulado 28 00:01:34,945 --> 00:01:38,910 e, en particular, vimos tamén o subtitulado para persoas xordas 29 00:01:39,110 --> 00:01:42,595 polo que, si, teño uns coñecementos básicos do tema. 30 00:01:43,195 --> 00:01:45,433 Perfecto. Primeira pregunta, pois. 31 00:01:45,733 --> 00:01:48,675 Cres que os subtítulos que se empregan hoxe 32 00:01:48,875 --> 00:01:51,957 na televisión, Internet e plataformas de pago 33 00:01:52,157 --> 00:01:54,389 son axeitados para as persoas xordas 34 00:01:54,689 --> 00:01:57,037 cuxa lingua é a linguaxe de signos 35 00:01:57,437 --> 00:02:01,468 ou para persoas con discapacidades intelectuais ou cognitivas 36 00:02:01,668 --> 00:02:04,795 ou para persoas con problemas de aprendizaxe 37 00:02:04,995 --> 00:02:08,842 as cales necesitan un maior tempo de procesado dos textos? 38 00:02:12,364 --> 00:02:16,199 Non, non creo que sexan accesibles para todo o mundo. 39 00:02:17,983 --> 00:02:21,221 Creo que os subtítulos que podemos ver en xeral 40 00:02:21,496 --> 00:02:23,568 nas plataformas ou na tele... 41 00:02:25,514 --> 00:02:29,197 Non teñen en conta estes colectivos, posto que creo que... 42 00:02:29,397 --> 00:02:30,397 Eh... 43 00:02:31,438 --> 00:02:32,887 Son subtítulos que... 44 00:02:33,087 --> 00:02:36,175 Ás veces están moi pouco tempo en pantalla 45 00:02:36,375 --> 00:02:38,213 ou teñen frases moi longas 46 00:02:38,413 --> 00:02:40,775 que nin a min me dá tempo a ler 47 00:02:40,975 --> 00:02:42,616 polo que entendo que... 48 00:02:43,016 --> 00:02:44,816 Que a este tipo de persoas 49 00:02:45,120 --> 00:02:48,837 tenlles que custar máis ou resultar incluso imposible 50 00:02:49,037 --> 00:02:52,044 a lectura ou a comprensión total do texto. 51 00:02:53,666 --> 00:02:54,755 Ademais... 52 00:02:55,155 --> 00:02:57,563 Por exemplo, no caso das persoas xordas 53 00:02:57,763 --> 00:02:59,786 nos subtítulos xeneralistas 54 00:02:59,986 --> 00:03:03,755 non aparecen distinguidos os personaxes que interveñen 55 00:03:04,555 --> 00:03:06,983 e non se explicitan tampouco os sons 56 00:03:07,783 --> 00:03:09,474 que hai no ambiente 57 00:03:09,674 --> 00:03:12,063 e poden ser importantes para a trama. 58 00:03:12,263 --> 00:03:15,730 De acordo, e cres que simplificar estes subtítulos 59 00:03:15,930 --> 00:03:19,374 sería una boa maneira de adecualos a estas personas? 60 00:03:21,005 --> 00:03:22,969 Si, supoño e entendo que si. 61 00:03:23,269 --> 00:03:25,488 Facelos máis simples e concisos 62 00:03:25,888 --> 00:03:29,116 seguro que proporcionaría, por exemplo, máis tempo 63 00:03:29,916 --> 00:03:32,596 para a lectura así como a comprensión 64 00:03:33,485 --> 00:03:35,686 do texto que apareza en pantalla 65 00:03:35,886 --> 00:03:38,016 polo que creo que sería bo, si. 66 00:03:39,302 --> 00:03:42,840 Que tipos de simplificacións propoñerías realizar? 67 00:03:44,776 --> 00:03:46,652 Pois, para empezar 68 00:03:47,052 --> 00:03:50,406 intentaría utilizar un vocabulario máis restrinxido 69 00:03:50,906 --> 00:03:52,910 e o máis difundido posible 70 00:03:53,210 --> 00:03:57,375 é dicir, non abusar de sinónimos quizais demasiado complicados 71 00:03:57,775 --> 00:03:58,921 ou demasiado... 72 00:03:59,721 --> 00:04:00,911 pouco habituais. 73 00:04:02,977 --> 00:04:05,008 Con respecto á estrutura... 74 00:04:05,911 --> 00:04:10,303 Intentaría evitar as estruturas demasiado alambicadas ou complexas 75 00:04:10,505 --> 00:04:12,216 como, por exemplo, a pasiva 76 00:04:12,763 --> 00:04:14,691 e cinguiríame cando fose posible 77 00:04:14,891 --> 00:04:18,443 á estrutura estándar de suxeito, verbo e complemento. 78 00:04:20,875 --> 00:04:21,894 De acordo. 79 00:04:22,094 --> 00:04:25,582 E cres que é posible aplicar estas simplificacións 80 00:04:25,882 --> 00:04:28,004 a todo tipo de programas e emisions? 81 00:04:30,016 --> 00:04:31,404 Creo que non. 82 00:04:32,356 --> 00:04:34,516 Entendo que pode haber programas 83 00:04:35,336 --> 00:04:39,044 como poden ser ao mellor os documentais ou os telexornais 84 00:04:39,344 --> 00:04:40,444 os informativos... 85 00:04:40,744 --> 00:04:42,260 Que poden ter... 86 00:04:43,760 --> 00:04:45,425 Un contido que... 87 00:04:45,625 --> 00:04:49,830 Que, polo seu contido, poden precisar dunha terminoloxía específica 88 00:04:50,430 --> 00:04:51,485 e que... 89 00:04:51,685 --> 00:04:52,685 E que... 90 00:04:53,485 --> 00:04:57,730 E pode ser que non admitan as simplificacións das que falabamos. 91 00:04:58,130 --> 00:05:01,305 Con todo, seguramente, en contidos máis de ficción 92 00:05:01,505 --> 00:05:03,892 como poden ser as series ou películas 93 00:05:04,692 --> 00:05:06,596 ou outro tipo de documentais 94 00:05:07,096 --> 00:05:10,722 pois seguramente si se poidan adaptar neste sentido. 95 00:05:10,922 --> 00:05:14,167 Así que a resposta é que depende do contido. 96 00:05:15,116 --> 00:05:16,119 Perfecto. 97 00:05:16,319 --> 00:05:18,856 Na túa experiencia, viches algunha vez 98 00:05:19,156 --> 00:05:21,350 este tipo de emisións ou programas 99 00:05:21,550 --> 00:05:24,756 que tivesen subtítulos adaptados ou simplificados? 100 00:05:27,330 --> 00:05:30,506 No tocante á parte dos subtítulos adaptados, si. 101 00:05:30,906 --> 00:05:32,996 Ás veces utilizo subtítulos... 102 00:05:34,296 --> 00:05:37,974 A miúdo vexo contido orixinal con subtítulos en inglés 103 00:05:38,274 --> 00:05:42,405 e ás veces os únicos dispoñibles son os "closed captioning" 104 00:05:43,005 --> 00:05:45,100 que son os subtítulos para... 105 00:05:46,364 --> 00:05:50,603 Os subtítulos para persoas xordas, nos que en ocasións, non sempre 106 00:05:51,007 --> 00:05:54,183 os personaxes se distinguen mediante cores 107 00:05:54,383 --> 00:05:57,671 e se adoitan indicar tamén os sons de ambiente. 108 00:05:58,571 --> 00:06:00,661 É dicir, teñen estas adaptacións. 109 00:06:01,161 --> 00:06:02,321 Non obstante... 110 00:06:03,321 --> 00:06:07,419 A parte da simplificación non son consciente de experimentala. 111 00:06:07,619 --> 00:06:10,804 Pode que estea aí, pero non son consciente. 112 00:06:11,600 --> 00:06:13,733 Perfecto. Última pregunta, Javi. 113 00:06:14,333 --> 00:06:18,286 Coñeces ou estás familiarizado co concepto de lectura fácil 114 00:06:18,486 --> 00:06:19,799 ou "Easy to read"? 115 00:06:20,012 --> 00:06:22,364 E, de ser así, que nos podes contar? 116 00:06:24,256 --> 00:06:27,839 Pois a verdade é que non coñecía este concepto 117 00:06:28,639 --> 00:06:31,873 polo que non vos podo dar máis información. 118 00:06:32,786 --> 00:06:34,053 Perfecto entón. 119 00:06:34,253 --> 00:06:37,839 Moitas grazas polo teu tempo e as túas respostas, Javi. 120 00:06:38,039 --> 00:06:40,383 Estamos encantadas de falar contigo. 121 00:06:40,583 --> 00:06:42,061 Grazas a ti, Laura. 122 00:06:42,946 --> 00:06:46,135 Este vídeo é obra de Laura Sánchez Castro 123 00:06:46,435 --> 00:06:48,128 e Javier Hervés Estévez 124 00:06:48,328 --> 00:06:49,865 da Universidade de Vigo 125 00:06:50,165 --> 00:06:54,200 e foi producido por Jesús Meiriño-Gómez da Universidade de Vigo. 126 00:06:56,349 --> 00:06:59,919 O proxecto EASIT financiouse mediante o programa 127 00:07:00,119 --> 00:07:04,072 "Erasmus+ Strategic Partnerships for Higher Education" da CE 128 00:07:04,272 --> 00:07:09,777 mediante o acordo 2018-1-ES01-KA203-05275. 129 00:07:12,089 --> 00:07:14,693 A colaboración da CE neste proxecto 130 00:07:14,993 --> 00:07:17,254 non supón a aprobación do contido 131 00:07:17,554 --> 00:07:19,935 que é obra dos autores e autoras. 132 00:07:20,335 --> 00:07:22,286 A CE non se fai responsable 133 00:07:22,486 --> 00:07:26,159 de calquera uso que se faga da información aquí exposta. 134 00:07:26,759 --> 00:07:30,285 Este proxecto conta cunha licencia Creative Commons 135 00:07:30,515 --> 00:07:32,726 ShareAlike 4.0 International License. 136 00:07:33,816 --> 00:07:35,579 Socios do proxecto EASIT. 137 00:07:36,179 --> 00:07:38,326 Universitat Autònoma de Barcelona. 138 00:07:38,526 --> 00:07:40,782 Università Degli Studi Di Trieste. 139 00:07:40,982 --> 00:07:42,655 Universidade de Vigo. 140 00:07:42,855 --> 00:07:44,808 Stiftung Universität Hildesheim. 141 00:07:45,008 --> 00:07:46,008 SDI München. 142 00:07:46,834 --> 00:07:48,035 Dyslexiförbundet. 143 00:07:48,235 --> 00:07:49,927 Radiotelevizija Slovenja. 144 00:07:50,127 --> 00:07:51,127 Zavod RISA. 145 00:07:58,395 --> 00:08:01,749 EASIT. Easy Access for Social Inclusion Training.