1 00:00:12,732 --> 00:00:17,235 Esta é a unidade 3B, Audio-descrición fácil de entender 2 00:00:17,610 --> 00:00:23,036 elemento 1, Procesos. Clase maxistral, Qué é a audio-introdución fácil? 3 00:00:24,172 --> 00:00:28,521 Son Pablo Romero Fresco, da Universidade de Vigo, en España 4 00:00:29,152 --> 00:00:32,579 e nesta clase maxistral explicarei en que consisten 5 00:00:32,825 --> 00:00:37,579 as audio-introducións (definición, contido, función e estilo) 6 00:00:38,169 --> 00:00:40,988 e como poden ser fáciles de entender. 7 00:00:41,970 --> 00:00:46,536 As audio-introducións concibíronse como notas introdutorias 8 00:00:47,100 --> 00:00:50,649 para darlles ás persoas cegas ou con visión reducida 9 00:00:51,353 --> 00:00:54,881 información sobre as actuacións na ópera ou no teatro 10 00:00:55,124 --> 00:00:56,742 ás que ían asistir. 11 00:00:59,570 --> 00:01:03,733 No proxecto europeo ADLAB PRO, defínense así: 12 00:01:04,182 --> 00:01:08,375 texto que achega información factual e visual 13 00:01:08,584 --> 00:01:12,880 sobre un produto audiovisual, como unha película ou unha obra 14 00:01:13,222 --> 00:01:15,227 que serve como contexto 15 00:01:15,516 --> 00:01:17,735 para que aqueles con discapacidade visual 16 00:01:18,111 --> 00:01:22,513 comprendan mellor e aprecien máis o texto orixe. 17 00:01:24,689 --> 00:01:29,300 As audio-introducións poden combinarse con audio-descricións 18 00:01:29,751 --> 00:01:31,853 ou ser independentes. 19 00:01:32,473 --> 00:01:35,472 Poden estar dispoñibles con antelación 20 00:01:35,717 --> 00:01:38,109 nun sitio web, por exemplo 21 00:01:38,831 --> 00:01:42,918 ou poden facerse en directo, como é habitual nos teatros. 22 00:01:44,216 --> 00:01:48,141 As audio-introducións gravadas poden conter unha única voz 23 00:01:48,723 --> 00:01:52,621 ou incluír varias voces e outros fragmentos de son. 24 00:01:55,161 --> 00:02:00,234 A miúdo inclúen información relevante para os usuarios 25 00:02:00,465 --> 00:02:04,019 que, debido ás restricións espaciais e temporais 26 00:02:04,368 --> 00:02:08,684 non poden incluírse nunha audio-descrición se a hai. 27 00:02:09,401 --> 00:02:13,310 Nos eventos en directo adoitan incluír fragmentos musicais 28 00:02:13,507 --> 00:02:15,985 ou entrevistas cos integrantes do elenco 29 00:02:16,572 --> 00:02:19,910 e achegan información relevante sobre o programa 30 00:02:20,215 --> 00:02:24,013 incluída a duración, o reparto, os créditos de produción 31 00:02:24,450 --> 00:02:29,068 e as descricións do escenario, do vestiario e das personaxes. 32 00:02:29,509 --> 00:02:32,209 Tamén poden conter a opinión do director 33 00:02:32,487 --> 00:02:35,333 no tocante á natureza da produción 34 00:02:35,576 --> 00:02:39,624 por exemplo, se é natural ou quizais está máis ben estilizada 35 00:02:40,166 --> 00:02:43,995 se se baixa o pano para marcar os cambios de escena 36 00:02:44,219 --> 00:02:47,168 ou se estas flúen sen interrupcións. 37 00:02:50,173 --> 00:02:54,270 Estes trazos aplícanse ás audio-descricións para películas 38 00:02:54,775 --> 00:02:58,242 que, segundo Fryer e Romero 39 00:02:58,505 --> 00:03:00,859 deben captar a atención do oínte 40 00:03:01,259 --> 00:03:02,622 espertarlle a curiosidade 41 00:03:02,952 --> 00:03:05,721 e, sobre todo, permitirlle apreciar 42 00:03:06,112 --> 00:03:08,878 as calidades cinematográficas do filme. 43 00:03:11,029 --> 00:03:14,374 As audio-introducións teñen polo menos 5 funcións 44 00:03:15,313 --> 00:03:17,423 segundo Remael e Reviers. 45 00:03:18,107 --> 00:03:20,558 A primeira é a función informativa 46 00:03:21,178 --> 00:03:24,788 pola que lle achegan información ó público 47 00:03:24,991 --> 00:03:29,085 sobre a produción, obtida do sitio web ou do programa. 48 00:03:29,725 --> 00:03:33,257 Louise Fryer produciu a seguinte audio-introdución 49 00:03:33,445 --> 00:03:35,567 para o documental "Man on Wire". 50 00:03:36,745 --> 00:03:41,119 Benvidos á audio-introdución do galardoado documental "Man on Wire" 51 00:03:41,374 --> 00:03:44,473 dirixido por James Marsh en 2008. 52 00:03:44,889 --> 00:03:47,700 Está baseado na novela "To Reach the Clouds" 53 00:03:47,943 --> 00:03:50,629 do funambulista francés Philippe Petit 54 00:03:50,842 --> 00:03:53,773 e mestura reminiscencias do equipo de Petit 55 00:03:54,178 --> 00:03:57,741 con recreacións dos feitos que remataron en fazaña. 56 00:03:58,283 --> 00:04:00,512 O 7 de agosto de 1974 57 00:04:00,873 --> 00:04:05,145 colgaron un cable entre as torres do World Trade Center. 58 00:04:05,868 --> 00:04:10,291 Suspendido sobre o cable, a uns 411 metros do chan 59 00:04:10,560 --> 00:04:14,805 Philippe camiñou entre as torres sen arnés nin rede de seguridade 60 00:04:15,041 --> 00:04:17,234 e entregouse á policía. 61 00:04:17,684 --> 00:04:21,101 O número chamouse "O delito artístico do siglo". 62 00:04:22,222 --> 00:04:25,162 As audio-introducións poden ser anticipadoras: 63 00:04:25,596 --> 00:04:30,539 poden achegar información que non aparece na audio-descrición 64 00:04:31,218 --> 00:04:34,714 e adiantar aspectos da produción 65 00:04:34,956 --> 00:04:38,688 como a aparencia da película ou o escenario, a iluminación 66 00:04:39,015 --> 00:04:42,138 as características físicas das personaxes... 67 00:04:42,780 --> 00:04:46,898 Este é outro exemplo da audio-introdución de "Man on Wire": 68 00:04:47,126 --> 00:04:51,098 As entrevistas actuais co equipo de Philippe están en cor 69 00:04:51,447 --> 00:04:53,216 cunha presentación estilizada 70 00:04:53,597 --> 00:04:55,180 e falantes iluminados 71 00:04:55,405 --> 00:04:58,319 encadrados sobre fondos sobrios. 72 00:04:59,175 --> 00:05:02,273 En cambio, as escenas ambientadas no pasado 73 00:05:02,429 --> 00:05:05,194 interpretadas por actores parecidos ó equipo 74 00:05:05,413 --> 00:05:07,193 amósase en branco e negro. 75 00:05:08,078 --> 00:05:11,549 Estas introducións poden ter unha función explicativa 76 00:05:11,936 --> 00:05:14,346 para aquilo que é difícil de entender 77 00:05:14,617 --> 00:05:16,656 se non se ten acceso á imaxe. 78 00:05:17,225 --> 00:05:21,248 Louise Fryer produciu a seguinte audio-introdución 79 00:05:21,633 --> 00:05:23,903 para o filme "Slumdog Millionaire": 80 00:05:25,593 --> 00:05:29,875 As analepses da infancia de Jamal están subtituladas ó inglés. 81 00:05:30,268 --> 00:05:34,438 O pasado recente, o presente e o futuro están en inglés. 82 00:05:35,953 --> 00:05:40,352 Estas explicacións a miúdo acadan una función expresiva 83 00:05:40,600 --> 00:05:43,306 que salienta os efectos dun recurso. 84 00:05:43,602 --> 00:05:47,105 O seguinte é outro exemplo da audio-introdución 85 00:05:47,663 --> 00:05:49,229 de "Slumdog Millionaire": 86 00:05:50,451 --> 00:05:53,946 O estilo segue a liña de filmes como "City of God" 87 00:05:54,218 --> 00:05:56,110 e do cine hindú moderno. 88 00:05:56,323 --> 00:06:00,325 Saliéntase así o ritmo confuso e frenético da vida na India 89 00:06:00,518 --> 00:06:02,448 cheo de cores e contradicións. 90 00:06:03,485 --> 00:06:08,033 Por último, segundo un estudo recente de Vocal Eyes 91 00:06:08,824 --> 00:06:12,140 as audio-introducións tamén poden ser instrutivas 92 00:06:12,512 --> 00:06:15,680 e explicar como chegar ó edificio de destino 93 00:06:15,921 --> 00:06:19,776 como usar os auriculares para escoitar a audio-descrición... 94 00:06:22,020 --> 00:06:25,603 Canto ó estilo e á linguaxe, as seguintes palabras 95 00:06:25,986 --> 00:06:28,969 resumen o que se espera das audio-descricións: 96 00:06:30,048 --> 00:06:33,722 a linguaxe debe ser clara e axeitada 97 00:06:34,148 --> 00:06:37,568 e transmitir a información necesaria sobre o filme. 98 00:06:38,041 --> 00:06:42,203 Teñen que ser atractivas para captar a atención do oínte 99 00:06:42,622 --> 00:06:44,246 e espertarlle a curiosidade 100 00:06:44,506 --> 00:06:47,821 e útiles para que a xente con discapacidade visual 101 00:06:48,068 --> 00:06:51,391 aprecie as calidades cinematográficas do filme. 102 00:06:54,570 --> 00:06:57,516 A linguaxe vistosa das audio-introducións 103 00:06:57,810 --> 00:07:00,526 pode adaptarse a linguaxe fácil de entender 104 00:07:00,925 --> 00:07:03,877 para que o contido sexa máis comprensible 105 00:07:04,119 --> 00:07:05,703 para algúns usuarios. 106 00:07:06,399 --> 00:07:11,753 Se revisamos o fragmento de "Man on Wire", de Louise Fryer 107 00:07:12,330 --> 00:07:19,246 observaremos que o parágrafo se compón de 112 palabras e 4 frases. 108 00:07:19,764 --> 00:07:24,077 Benvidos á audio-introdución do galardoado documental "Man on Wire" 109 00:07:24,332 --> 00:07:27,469 dirixido por James Marsh en 2008. 110 00:07:27,937 --> 00:07:30,720 Está baseado na novela "To Reach the Clouds" 111 00:07:30,942 --> 00:07:33,525 do funambulista francés Philippe Petit 112 00:07:33,798 --> 00:07:36,941 e mestura reminiscencias do equipo de Petit 113 00:07:37,175 --> 00:07:40,722 con recreacións dos feitos que remataron en fazaña. 114 00:07:41,132 --> 00:07:44,410 Dividir este texto en oracións curtas e sinxelas 115 00:07:44,728 --> 00:07:46,744 debería ser o noso primeiro paso. 116 00:07:47,213 --> 00:07:50,011 Comezaremos coa primeira oración 117 00:07:50,518 --> 00:07:53,789 que pode dividirse en 8 unidades máis breves. 118 00:07:54,826 --> 00:07:55,895 Benvidos. 119 00:07:56,547 --> 00:07:58,547 Esta é unha audio-introdución. 120 00:07:59,149 --> 00:08:04,288 Esta audio-introdución achega información sobre un documental. 121 00:08:05,353 --> 00:08:08,720 Un documental é un vídeo que trata feitos reais 122 00:08:08,954 --> 00:08:10,775 e serve para ensinar. 123 00:08:13,823 --> 00:08:16,650 Este documental chámase "Man on Wire". 124 00:08:17,752 --> 00:08:19,761 É un documental excelente. 125 00:08:20,143 --> 00:08:24,065 Por esta razón, gañou un premio importante. 126 00:08:24,488 --> 00:08:28,445 James Marsh dirixiu este documental en 2008. 127 00:08:30,838 --> 00:08:32,595 O proceso de simplificación 128 00:08:32,969 --> 00:08:35,395 da lugar a un maior número de palabras 129 00:08:35,633 --> 00:08:38,621 debido á repetición de palabras 130 00:08:38,861 --> 00:08:40,104 como "documental" 131 00:08:40,363 --> 00:08:44,629 e á explicación de nocións que se supoñen coñecidas 132 00:08:44,860 --> 00:08:46,296 na audio-descrición 133 00:08:46,503 --> 00:08:48,729 como a noción de audio-descrición 134 00:08:49,015 --> 00:08:52,151 a de documental, ou que implica gañar un premio. 135 00:08:53,133 --> 00:08:56,051 Tamén haberá que revisar a terminoloxía. 136 00:08:56,680 --> 00:08:59,052 Algúns termos como "dramatizar" 137 00:08:59,375 --> 00:09:01,099 "intercalar", "ornamento" 138 00:09:01,367 --> 00:09:02,655 ou "larapeteiro" 139 00:09:03,130 --> 00:09:06,247 escollidos ó azar da introdución de "Man on Wire" 140 00:09:07,119 --> 00:09:10,201 poden necesitar alternativas máis sinxelas 141 00:09:10,408 --> 00:09:12,842 na tradución fácil de entender. 142 00:09:13,163 --> 00:09:17,409 Evitarase tamén sobrecargar os oíntes con información. 143 00:09:18,096 --> 00:09:21,940 Os adxectivos compostos como "benquerenza", "benfeitor" 144 00:09:22,751 --> 00:09:26,144 ou "gris marengo" deberían eliminarse. 145 00:09:27,966 --> 00:09:33,131 Hai máis información sobre linguaxe fácil e audio-descricións 146 00:09:33,342 --> 00:09:37,537 dispoñible na mostra de vídeo producida por Elisa Perego. 147 00:09:40,222 --> 00:09:43,755 O responsable desta lección é Pablo Romero-Fresco 148 00:09:44,017 --> 00:09:45,617 da Universidade de Vigo. 149 00:09:45,932 --> 00:09:50,402 O meu correo de contacto é promero@uvigo.es.