1 00:00:07,359 --> 00:00:10,596 EASIT. Easy Access for Social Inclusion Training. 2 00:00:12,843 --> 00:00:16,683 Unidade 3B, Lectura fácil e audiodescripción 3 00:00:17,883 --> 00:00:20,042 elemento 1, Procesos 4 00:00:20,942 --> 00:00:23,212 Exemplo 1: Teatro Real. 5 00:00:24,812 --> 00:00:28,704 Este vídeo contén unha entrevista a Javier Jiménez Dorado 6 00:00:29,204 --> 00:00:31,395 director e fundador de Aptent. 7 00:00:32,224 --> 00:00:36,242 Aptent é unha empresa que ofrece servizos de accesibilidade 8 00:00:36,542 --> 00:00:40,180 para persoas con discapacidade cognitiva ou sensorial. 9 00:00:41,679 --> 00:00:45,930 Nesta entrevista, Javier fala da audiodescrición de hoxe en día 10 00:00:46,230 --> 00:00:50,195 ata que punto eses audios son accesibles para todo o mundo 11 00:00:50,395 --> 00:00:52,359 e como se poderían mellorar. 12 00:00:53,175 --> 00:00:55,046 Ola, chámome Ana Pereira 13 00:00:55,246 --> 00:00:57,550 e traballo na Universidade de Vigo. 14 00:00:57,850 --> 00:01:00,641 É un pracer estar hoxe aquí con Javier 15 00:01:00,841 --> 00:01:04,296 para falar sobre audioexplicacións e textos fáciles. 16 00:01:04,496 --> 00:01:05,834 Ola, Javier. Que tal? 17 00:01:06,709 --> 00:01:10,165 Ola, Ana. Moi ben. Moitas grazas pola invitación. 18 00:01:10,565 --> 00:01:11,650 Grazas a ti. 19 00:01:11,950 --> 00:01:15,383 Antes de comezar co que nos ten que contar Javier 20 00:01:15,683 --> 00:01:17,769 vouno presentar brevemente. 21 00:01:18,169 --> 00:01:20,875 Javier é director e fundador de Aptent. 22 00:01:21,075 --> 00:01:26,182 Aptent é unha empresa tecnolóxica que presta servizos de accesibilidade 23 00:01:26,582 --> 00:01:31,611 en teatro, ópera, audiovisuais, eventos presenciais e en liña, etc. 24 00:01:31,811 --> 00:01:34,737 O obxectivo é crear un mundo sen barreiras 25 00:01:34,937 --> 00:01:38,406 para as persoas con discapacidade sensorial e cognitiva. 26 00:01:39,006 --> 00:01:42,502 Unha vez presentado, gustaríanos que compartise connosco 27 00:01:42,702 --> 00:01:46,770 a súa experiencia sobre audioexplicacións fáciles de entender. 28 00:01:47,270 --> 00:01:49,343 A nosa primeira pregunta é... 29 00:01:50,643 --> 00:01:54,325 Poderías explicarnos que son as audioexplicacións 30 00:01:54,525 --> 00:01:58,109 onde se utiliza este servizo de accesibilidade 31 00:01:58,309 --> 00:02:00,135 e a quen vai dirixido? 32 00:02:01,435 --> 00:02:02,618 Cando queiras. 33 00:02:03,615 --> 00:02:07,166 Bueno, pois, a ver... As audioexplicacións 34 00:02:07,566 --> 00:02:10,851 ás que outros compañeiros chaman audiofáciles 35 00:02:11,551 --> 00:02:14,270 é un servizo de accesibilidade cognitiva 36 00:02:14,570 --> 00:02:16,432 baseado na lectura fácil 37 00:02:16,958 --> 00:02:21,347 que comparte moitas similitudes con respecto á audiodescrición 38 00:02:21,547 --> 00:02:23,922 polo menos, como nós a traballamos. 39 00:02:24,222 --> 00:02:28,005 Por exemplo, na audiodescrición nunha obra ou película 40 00:02:28,805 --> 00:02:33,476 o que intentamos buscar é facilitar a comprensión do produto 41 00:02:33,676 --> 00:02:35,569 do espectáculo en vídeo 42 00:02:35,769 --> 00:02:38,126 ás persoas con problemas cognitivos 43 00:02:38,341 --> 00:02:41,355 e discapacidade intelectual ou de comprensión. 44 00:02:42,455 --> 00:02:44,828 Trátase de mensaxes sonoras 45 00:02:45,028 --> 00:02:47,318 que se redactaron en lectura fácil 46 00:02:47,818 --> 00:02:49,739 as cales foron validadas 47 00:02:49,939 --> 00:02:53,633 seguindo a metodoloxía de traballo da lectura fácil 48 00:02:53,833 --> 00:02:58,872 validadas por un grupo de traballo de persoas con discapacidade intelectual. 49 00:02:59,072 --> 00:03:04,106 Estas mensaxes introdúcense nos ocos e silencios onde non hai diálogo 50 00:03:04,706 --> 00:03:06,213 para non pisalos 51 00:03:06,913 --> 00:03:11,351 e sempre se intenta explicar o significado de palabras complexas 52 00:03:11,651 --> 00:03:15,907 aclarar o que está pasando, recordar algún feito significativo 53 00:03:16,107 --> 00:03:19,556 de forma que, sen interferir moito no proceso 54 00:03:19,856 --> 00:03:22,459 poidamos crear esa accesibilidade. 55 00:03:23,559 --> 00:03:25,288 E cal é o proceso? 56 00:03:25,588 --> 00:03:29,605 Que fases hai á hora de crear as audioexplicacións? 57 00:03:29,805 --> 00:03:30,984 Como se fan? 58 00:03:31,984 --> 00:03:33,240 Bueno... 59 00:03:33,840 --> 00:03:37,027 Na parte na que se parecen á audiodescrición... 60 00:03:39,127 --> 00:03:42,439 Parécense moito no proceso e o que se entrega 61 00:03:42,839 --> 00:03:44,889 pero existen algúns matices. 62 00:03:45,289 --> 00:03:48,597 A grandes trazos, as fases serían as seguintes. 63 00:03:49,497 --> 00:03:53,325 Primeiro, hai que analizar a obra sempre de maneira xeral 64 00:03:53,925 --> 00:03:57,368 e pódense ir identificando ao mesmo tempo os ocos 65 00:03:57,668 --> 00:04:00,773 así como as problemáticas e a dificultade 66 00:04:00,973 --> 00:04:04,538 quizais hai que recuperar material, documentarse, etc. 67 00:04:04,738 --> 00:04:10,176 Na segunda fase, despois desa análise, xa podes comezar a crear o guión. 68 00:04:10,776 --> 00:04:14,055 Este traballo faino un profesional cualificado 69 00:04:14,255 --> 00:04:17,509 con experiencia en accesibilidade cognitiva 70 00:04:17,809 --> 00:04:21,478 un pouco para identificar que cousas hai que resolver 71 00:04:21,778 --> 00:04:23,686 no espazo que temos, etc. 72 00:04:25,486 --> 00:04:27,665 Aquí, a principal diferenza 73 00:04:28,165 --> 00:04:33,281 é que ademais do proceso de revisión, que é natural, feito por compañeiros 74 00:04:33,881 --> 00:04:37,926 hai unha validación feita por persoas con discapacidade 75 00:04:38,126 --> 00:04:41,598 o cal se herda das metodoloxías de lectura fácil. 76 00:04:42,975 --> 00:04:46,901 Este grupo pode facer cambios, suxerencias e modificacións 77 00:04:47,101 --> 00:04:49,387 que volven pasar este proceso. 78 00:04:51,736 --> 00:04:56,149 Unha vez se valida o texto e se aproba para a seguinte fase 79 00:04:56,649 --> 00:04:58,578 pódese comenzar a locutar. 80 00:04:58,778 --> 00:05:00,656 Unha vez se locutan 81 00:05:00,856 --> 00:05:04,503 dependendo de se é unha obra ou producto audiovisual 82 00:05:04,703 --> 00:05:08,319 requerirán unha montaxe técnica ou preparación diferente. 83 00:05:09,119 --> 00:05:12,240 Sempre antes de entregar o traballo ao cliente 84 00:05:12,940 --> 00:05:17,891 outra persoa fai unha revisión final ou un control de calidade 85 00:05:18,591 --> 00:05:23,781 para asegurarnos de que non hai erros e de que se respectan os estándares. 86 00:05:25,181 --> 00:05:27,176 Como se converte un produto 87 00:05:27,376 --> 00:05:29,957 como unha entrevista a un especialista 88 00:05:30,157 --> 00:05:31,387 nun audiofácil? 89 00:05:31,587 --> 00:05:34,864 Pódese quitar o audio e dobralo con audiofácil? 90 00:05:35,064 --> 00:05:36,064 É posible? 91 00:05:37,441 --> 00:05:41,450 Sempre hai produtos que son complexos á hora de adaptalos. 92 00:05:42,050 --> 00:05:44,931 Neste caso, o que nós adoitamos facer 93 00:05:45,231 --> 00:05:49,343 é respectar a norma de non pisar os diálogos. 94 00:05:49,543 --> 00:05:52,574 Pensamos que esta é a forma máis correcta 95 00:05:52,774 --> 00:05:55,353 porque non queremos tocar o orixinal. 96 00:05:55,953 --> 00:06:01,028 Tamén seguimos a experiencia e as pautas recollidas na norma UNE. 97 00:06:03,251 --> 00:06:05,536 Perdoa, non recordo cal agora. 98 00:06:05,836 --> 00:06:09,003 A norma UNE 153020 ou algo así, creo que é. 99 00:06:09,203 --> 00:06:10,868 Sobre audiodescrición. 100 00:06:12,168 --> 00:06:15,394 A norma 153020 sobre a audiodescrición, si. 101 00:06:17,244 --> 00:06:20,976 Porque non hai normas de audiofácil ou audioexplicacións 102 00:06:21,476 --> 00:06:23,214 así que utilizamos esa. 103 00:06:23,714 --> 00:06:26,216 Cando non hai moitos ocos, pois... 104 00:06:27,016 --> 00:06:30,368 Unha estratexia que se utiliza en audiodescrición 105 00:06:30,568 --> 00:06:34,293 é tratar de incluír explicacións ao comezo da entrevista. 106 00:06:34,493 --> 00:06:38,707 Ao mellor tes que anticipar algunhas cuestións do que vai pasar 107 00:06:39,007 --> 00:06:41,179 pero se fas un traballo previo 108 00:06:41,479 --> 00:06:45,930 que, no contexto da audiodescrición, se chama audiointrodución... 109 00:06:46,356 --> 00:06:50,337 Se fas unha audiointrodución explicando en lectura fácil 110 00:06:50,537 --> 00:06:54,366 cousas que logo non poderás explicar porque non hai ocos 111 00:06:54,566 --> 00:06:55,811 pois iso que gañas. 112 00:06:56,011 --> 00:06:58,537 Logo aproveitas os ocos que hai. 113 00:06:58,737 --> 00:07:02,241 En todo caso, dependendo da entrevisa e o contexto 114 00:07:02,541 --> 00:07:05,755 unha opción pode ser crear un produto derivado. 115 00:07:06,255 --> 00:07:09,800 Neste sentido, paga a pena distinguilo así... 116 00:07:10,000 --> 00:07:13,329 Creamos unha versión adaptada deste contido 117 00:07:13,629 --> 00:07:17,558 e así, por exemplo, se logo nos dan permiso, poderiamos... 118 00:07:18,458 --> 00:07:21,833 Ou o que comentabas, editar o produto orixinal 119 00:07:22,264 --> 00:07:25,611 e ou forzar os ocos creando pausas no vídeo 120 00:07:25,867 --> 00:07:29,665 e inserindo aí unha voz en off para explicar cousas 121 00:07:30,165 --> 00:07:34,199 ou creas unha versión totalmente dobrada con explicacións. 122 00:07:35,099 --> 00:07:37,097 Eses serían os dous enfoques. 123 00:07:37,297 --> 00:07:38,258 Claro. 124 00:07:39,058 --> 00:07:43,604 Cres que é posible utilizar estes servizos noutros contextos? 125 00:07:44,004 --> 00:07:45,104 En cales máis? 126 00:07:47,104 --> 00:07:49,110 Si, claro que é posible. 127 00:07:49,610 --> 00:07:51,213 Nos últimos meses 128 00:07:51,434 --> 00:07:55,715 traballamos cunha editorial que produce libros en lectura fácil. 129 00:07:56,615 --> 00:07:59,869 Neste caso, todo o libro está en lectura fácil 130 00:08:00,169 --> 00:08:04,443 pero ademais engadiron códigos QR nas esquinas de cada plana 131 00:08:05,043 --> 00:08:09,812 para que o público teña a opción de escoitar o libro en lectura fácil. 132 00:08:10,395 --> 00:08:14,766 Aínda que neste caso o produto era accesible dende o principio 133 00:08:14,966 --> 00:08:17,070 esta estratexia pode aplicarse 134 00:08:17,473 --> 00:08:21,724 a calquera libro ou documento ao que se lle engada un código QR 135 00:08:21,924 --> 00:08:25,610 para que teña a versión accesible en lectura fácil. 136 00:08:27,629 --> 00:08:32,127 Nalgunha ocasión, falando con persoas que usan audioexplicacións 137 00:08:32,527 --> 00:08:36,030 trasladáronche facilidades ou dificultades 138 00:08:36,430 --> 00:08:39,804 ou que lles gustaría que se fixesen doutra maneira 139 00:08:40,304 --> 00:08:42,944 á hora de utilizar as audioexplicacións? 140 00:08:43,844 --> 00:08:46,013 Cal é a opinión do usuariado? 141 00:08:48,418 --> 00:08:49,878 Na miña opinión 142 00:08:50,078 --> 00:08:53,499 o grupo que se beneficia desta accesibilidade cognitiva 143 00:08:53,699 --> 00:08:55,393 é moi ampo e heteroxéneo 144 00:08:55,793 --> 00:08:59,207 moito máis incluso que calquera outro colectivo 145 00:08:59,407 --> 00:09:02,989 con discapacidade ou problemas de acceso á comunicación 146 00:09:03,189 --> 00:09:05,498 falando en termos xerais, que é o meu. 147 00:09:06,298 --> 00:09:07,862 Entón, claro... 148 00:09:08,062 --> 00:09:09,062 Ás veces... 149 00:09:09,762 --> 00:09:13,073 Como, polo que falamos, tes moitas limitacións 150 00:09:13,373 --> 00:09:17,198 tanto de tempo como de espazo físico á hora de adaptar 151 00:09:17,398 --> 00:09:21,504 é difícil crear audioexplicacións que satisfagan a todo o mundo. 152 00:09:21,704 --> 00:09:24,771 Logo atopas que no proceso de validación 153 00:09:25,071 --> 00:09:28,498 se fan correccións, modificacións e suxerencias. 154 00:09:28,798 --> 00:09:30,324 Para iso está... 155 00:09:30,624 --> 00:09:33,100 Por iso creo que neste servizo 156 00:09:33,400 --> 00:09:37,713 é importante manter a norma de pasar por un grupo de validación 157 00:09:38,013 --> 00:09:42,333 para ofrecer ese toque máis persoal característico dun grupo. 158 00:09:42,733 --> 00:09:46,162 Tamén e certo, e isto é algo que falo con colegas 159 00:09:46,562 --> 00:09:48,695 que o grupo que valida é reducido 160 00:09:48,995 --> 00:09:52,554 e o colectivo destinatario é moi heteroxéneo. 161 00:09:53,254 --> 00:09:54,681 Non é o mesmo 162 00:09:54,912 --> 00:09:58,824 como no caso de colectivos con discapacidade visual ou auditiva 163 00:09:59,024 --> 00:10:03,409 cuxas necesidades están máis estandarizadas, dalgunha maneira 164 00:10:03,609 --> 00:10:04,809 e son máis... 165 00:10:06,509 --> 00:10:08,992 Coñécense máis ou son máis comúns. 166 00:10:09,392 --> 00:10:10,792 Pero... 167 00:10:11,292 --> 00:10:14,221 Trátase sempre de facelo o mellor posible. 168 00:10:14,521 --> 00:10:16,836 E conforme máis traballamos 169 00:10:17,036 --> 00:10:20,627 perfeccionaremos a técnica, crearanse normas 170 00:10:20,927 --> 00:10:23,637 e encontraremos a maneira de que... 171 00:10:24,037 --> 00:10:25,237 Para que... 172 00:10:25,537 --> 00:10:29,271 Para asegurarnos de que a probabilidade de éxito 173 00:10:29,480 --> 00:10:34,667 de que esta accesibilidade funcione para todo o mundo aumente co tempo. 174 00:10:35,853 --> 00:10:39,993 Moitas grazas polo teu tempo e a túa dispoñibilidade, Javier. 175 00:10:40,193 --> 00:10:43,471 Sen dúbida, toda esta información que compartes 176 00:10:43,671 --> 00:10:47,635 axudaranos a coñecer mellor esta parcela da accesibilidade. 177 00:10:48,035 --> 00:10:49,035 Moi ben. 178 00:10:49,360 --> 00:10:51,041 Grazas a ti, Ana. 179 00:10:51,341 --> 00:10:53,138 Sorte co traballo. 180 00:10:53,538 --> 00:10:55,775 Quedo con ganas de ver os resultados. 181 00:10:56,965 --> 00:11:00,415 Este vídeo é obra de Ana Pereira Rodríguez 182 00:11:00,715 --> 00:11:02,509 da Universidade de Vigo 183 00:11:02,909 --> 00:11:05,530 e de Javier Jiménez Dorado, de Aptent 184 00:11:06,130 --> 00:11:08,320 e foi producido por Jesús Meiriño-Gómez 185 00:11:08,520 --> 00:11:10,204 da Universidade de Vigo. 186 00:11:12,742 --> 00:11:16,377 O proxecto EASIT financiouse mediante o programa 187 00:11:16,577 --> 00:11:20,605 "Erasmus+ Strategic Partnerships for Higher Education" da CE 188 00:11:20,805 --> 00:11:26,318 mediante o acordo 2018-1-ES01-KA203-05275. 189 00:11:28,272 --> 00:11:30,903 A colaboración da CE neste proxecto 190 00:11:31,303 --> 00:11:33,756 non supón a aprobación do contido 191 00:11:34,056 --> 00:11:36,389 que é obra dos autores e autoras. 192 00:11:36,789 --> 00:11:38,739 A CE non se fai responsable 193 00:11:38,939 --> 00:11:42,506 de calquera uso que se faga da información aquí exposta. 194 00:11:43,103 --> 00:11:46,690 Este proxecto conta cunha licencia Creative Commons 195 00:11:46,890 --> 00:11:49,588 ShareAlike 4.0 International License. 196 00:11:50,288 --> 00:11:52,091 Socios do proxecto EASIT. 197 00:11:52,391 --> 00:11:54,602 Universitat Autònoma de Barcelona. 198 00:11:54,902 --> 00:11:57,148 Università Degli Studi Di Trieste. 199 00:11:57,348 --> 00:11:58,926 Universidade de Vigo. 200 00:11:59,226 --> 00:12:01,327 Stiftung Universität Hildesheim. 201 00:12:01,527 --> 00:12:02,791 SDI München. 202 00:12:02,991 --> 00:12:04,358 Dyslexiförbundet. 203 00:12:04,758 --> 00:12:06,369 Radiotelevizija Slovenja. 204 00:12:06,569 --> 00:12:07,769 Zavod RISA. 205 00:12:14,895 --> 00:12:18,099 EASIT. Easy Access for Social Inclusion Training.