Google Scholar: cites
A representación de Rosalía de Castro no ámbito anglófono : feminismo en tradución
Castro, Olga ed. (Aston University)

Títol variant: Rosalía de Castro in the Anglosphere : feminism in translation
Títol variant: Rosalía de Castro no século XXI : Unha nova ollada
Publicació: Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, 2014
Descripció: 18 pàg.
Resum: A crítica feminista galega ten desvelado nas últimas décadas como a canonización de Rosalía de Castro no sistema literario galego transmitiu polo xeral unha imaxe da autora acorde ao ideario rexionalista, acalando o seu discurso fondamente transgresor desde o punto de vista do xénero. Ao mesmo tempo, esta crítica vén ofrecendo novas lecturas da produción literaria da autora en clave feminista. Desvela así a existencia dunha Rosalía de Castro poliédrica que conxuga a súa conciencia nacional cunha perspicaz conciencia de xénero para identificar a discriminación que sufrían as mulleres da súa contorna, o que sen dúbida converte á autora galega en toda unha pioneira do feminismo literario occidental. A partir da (re)lectura feminista destes traballos, o obxectivo deste artigo é ofrecer unha achega á proxección exterior do discurso feminista rosaliano a través da tradución ao inglés dalgunhas das súas obras máis combativas no plano do xénero. Para iso, en primeiro lugar ofrecerei unha contextualización de Rosalía de Castro nas rutas do tráfico literario da tradución de autoras galegas a outros idiomas, e mais especificamente á lingua inglesa. Posteriormente, pondo énfase na tradución das tres obras de prosa rosaliana onde a compoñente feminista é máis explícita -Lieders (1858), La hija del mar (1859) e Las literatas. Carta a Eduarda (1866)-, encetarei unha análise comparativa entre as primeiras traducións a inglés de Daughter of the Sea (1995), Lieders (1996) e Bluestockings (1997) realizadas por Kathleen March na década dos 90 do século XX; a tradución posterior Women Writers dispoñíbel na escolma Selected Poems (2007) de Michael Smith; e finalmente as traducións Child from the Sea, Songs e Literary Women recollidas na escolma The Poetry and Prose of Rosalía de Castro (2010), en edición e tradución de John P. Dever e Aileen Dever. A análise centrarase na compoñente metatextual, e mais concretamente nos metatextos producidos polas tradutoras e tradutores, para esculcar así como lle presentan o feminismo rosaliano á audiencia meta.
Drets: Aquest material està protegit per drets d'autor i/o drets afins. Podeu utilitzar aquest material en funció del que permet la legislació de drets d'autor i drets afins d'aplicació al vostre cas. Per a d'altres usos heu d'obtenir permís del(s) titular(s) de drets.
Llengua: Gallec
Document: Capítol de llibre ; recerca ; Versió publicada
Matèria: Rosalía de Castro ; Feminism and Translation ; SDG 5 - Gender Equality
Publicat a: Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada, 2014, p. 649-666, ISBN 10.17075/rcsxxi.2014

DOI: 10.17075/rcsxxi.2014.035


18 p, 129.9 KB

El registre apareix a les col·leccions:
Llibres i col·leccions > Capítols de llibres

 Registre creat el 2024-06-18, darrera modificació el 2025-03-23



   Favorit i Compartir